Carta de servizos

Carta de servizos

A eficacia, a transparencia e o servizo de calidade aos concellos da provincia conforman os piares fundamentais da xestión e das políticas públicas da Deputación de Pontevedra. O noso obxectivo diario é ser unha administración de referencia, sempre na procura de ofrecer unha atención eficiente en contacto directo coa cidadanía.

A Carta de servizos que publicamos é unha guía viva e dinámica das prestacións públicas da Deputación de Pontevedra en todos os seus departamentos. Queremos que a veciñanza coñeza os servizos que presta esta institución, o seu funcionamento e cometidos, e verifique o cumprimento do noso compromiso coa atención aos 61 concellos e a todas as persoas que vivimos nesta provincia.

Ao mesmo tempo, a Deputación de Pontevedra está aberta á mellora continua en prol da máxima calidade; por iso queremos abrir canles de participación e escoitar as veciñas e veciños, sexa por contacto directo ou por calquera dos nosos mecanismos de comunicación. Tomaremos boa nota das vosas suxestións para enriquecer a Carta de servizos. Desde aquí animámosvos a que nos ofrezades o voso punto de vista para, entre todas e todos, prestar un servizo de excelencia do que daremos cumprida conta, pois ese é o noso cometido, desexo e responsabilidade.

Última modificación: venres, 28 decembro 2018