Exposición "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917"

Exposición Maria Vinyals
Desde 17/12/2019 ata 29/02/2020
Castelo de Soutomaior. Soutomaior

Na exposición "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917" abórdanse de maneira monográfica os anos nos que Vinyals, o seu segundo marido, Enrique Lluria, e as súas fillas e fillos habitaron o castelo.

A exposición, composta por obxectos que nunca se lle mostraron ao público, está dividida en catro ámbitos: vida cultural, vida familiar, o sanatorio Lluria e as circunstancias da perda do castelo. Ademais, conta con paneis explicativos para situar as persoas visitantes no contexto da época que se pretende ilustrar, un período no que pasaron polo recinto personalidades políticas, intelectuais e científicas da historia do século XX.

Información