Axenda de actividades provinciais
Contrapuntos: concerto de trío con arpa, con Alba Barreiro
2023-05-30 19:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra conmemorará o Día de lembranza e homenaxe ás vítimas do exilio con ‘Contrapuntos’, unha proposta que nos achega á música de Salvador Bacarisse, compositor exiliado en París en 1939, a través dun concerto a cargo da arpista viguesa Alba Barreiro e unha conversa con Salvador Bacarisse Cuadrado, fillo do compositor.