IVANA_GOMEZ

Ivana Gómez


Ivana Gómez Abuín (Lugo) é mestra de Educación Primaria e Pedagoxía Terapéutica. Incansable lectora a calquera idade, desde a conta @libros_e_libros e afondando no emprego das TIC para a mediación lectora desde o traballo de fin de máster. Forma parte do equipo de asesoramento literario na Área de Edición Infantil da Editorial Xerais. Sempre na procura da seguinte lectura e do próximo libro que mude o mundo.