17 MAIO

1984

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Armando Cotarelo Valledor

“—LUMIA: Sería o urco, o can do mar.

—MADANELA: ¿O urco é malo? Pois era él.

—LUMIA: Din que o urco é un can mui grande que en noites pechas sae do mar, e vai por rúas e por congostras oubeando con outros cáns que acoden á lle dar escolta. Leva unha cadea arrastro. Por veces detense, e todol-os máis fanlle roda, calados.

—MADANELA (esterrexendo): ¡Qué medo!...

Mourenza (1931)

Armando Cotarelo Valledor

(A Veiga/Vegadeo, 1879 – Madrid, 1950)

Foi un polígrafo, poeta, narrador e dramaturgo. Estudou Filosofía e Letras en Madrid e en 1904 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1920 nomeárono membro da Real Academia Galega mais nunca chegou a tomar posesión. Foi o primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos e participou nas Irmandades da Fala. Fundou a revista Ultreya e foi colaborador asiduo de diversos xornais e da revista Nós.

GRANDES ÉXITOS

1922

Trebón: farsada dramática en tres autos

Trebón: farsada dramática en tres autos (1922) é unha comedia de ambiente labrego que se estreou o martes 2 de maio do mesmo ano da súa publicación, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na honra das persoas necesitadas rusas. Contou con célebres estudantes no seu reparto, coma Olimpia Valencia no papel de Rosalía e Fermín Bouza-Brey no de don Andrés. A escenografía realizouna Camilo Díaz Baliño.

Contos de Nadal (1927) é un traballo de recuperación da narrativa de tradición oral composto por catro contos populares sobre o Nadal.

Contos de Nadal

1927

Outras obras

Lubicán (1924), Hostia (1926) e Mourenza (1931).

“Daquela chegou o Mestre. Todo o noso arredor se trocou en ouvidos afiados e ollos de punta. Don Armando Cotarelo Valledor representaba para nosa sorpresa xuvenil a estampa da sabencia, a dunha Galicia culta e universal.”

“Unha lonxana entrevista con Cotarelo”, Galicia Emigrante, núm. 19, Cosme Barreiros