17 MAIO

2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xela Arias

“Á noite, unha fráxil liorta de escualos,
apostados.
O meu sangue revoltado encerro
dun desexo
que agora levo numerado,
marcado na camiseta
entre as pernas esbandalladas pola estrada.
Hai noites,
na batida dos escualos,
onde morren bechos apaixonados pois,
cegos, confunden ceos con escamas.”

Tigres coma cabalos (1990)

Xela Arias

(Sarria, 1962 – Vigo, 2003)

Foi unha escritora, editora, tradutora e profesora galega. Iniciou a súa traxectoria formativa na Granxa Barreiros e no colexio Fingoi, en Lugo, onde traballaba seu pai, e máis adiante, cando tiña sete anos, marchou para Vigo a vivir. Logo do instituto, comezou a traballar moi nova en Edicións Xerais de Galicia, onde fixo todo tipo de tarefas ao tempo que colaborou con publicacións, asociacións e movementos sociais, ecoloxistas e feministas. Pasado o tempo, estudou Filoloxía e traballou como docente.

GRANDES ÉXITOS

1990

Tigres coma cabalos

Tigres coma cabalos (1990) é unha publicación na que se entrelazan corenta e oito poemas da autora e corenta e oito fotos de nus en branco e negro, que crean un libro orixinal e rompedor.

Darío a diario (1996) é un libro de poemas no que amosa o amor que sente polo seu fillo e a súa experiencia persoal coa maternidade. A vida doméstica na relación coa crianza e a experiencia física do embarazo e do parto son algunhas das temáticas que van tecendo este poemario.

Darío a diario

1996

Outras obras

Denuncia do equilibrio (1986) e Intempériome (2003)

“Coñezoa desde que era moi nova. Ela, seu pai e seu irmán trasladaron a biblioteca de Otero Pedrayo á Fundación Penzol, ademais citoume cando fixo o Bando das Letras no ano 2001 ou cando me adicou un poema na homenaxe que recibín no 2002.”

Francisco Fernández del Riego