A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentará en Madrid esta iniciativa, que leva por título Nas marxes, xunto co seu comisario Iñaki Martínez Antelo

28/02/2026

A Deputación de Pontevedra presenta o próximo venres en ARCOmadrid a Bienal de Artes Vivas que acollerá en xullo o convento de Santa Clara

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presenta o vindeiro venres 6 de marzo en ARCOmadrid a primeira edición da Bienal de Artes Vivas, Nas marxes, un novo proxecto que se celebrará do 2 ao 12 de xullo no Convento de Santa Clara e que consolida o renovado modelo da Bienal de Pontevedra. Acompañado polo comisario Iñaki Martínez Antelo, Domínguez dará a coñecer en Madrid esta proposta que ampliará o alcance da Bienal cara as prácticas vivas e contemporáneas, reforzando o posicionamento de Pontevedra como territorio de referencia na creación actual.

A presenza por segundo ano consecutivo en ARCOmadrid reforza a visibilidade estatal da Bienal de Pontevedra e a súa integración no ecosistema artístico, establecendo novas alianzas e consolidando o seu proceso de internacionalización. Nesa ocasión, o vicepresidente provincial porá en valor o impulso dado polo actual goberno á Bienal que con Nas marxes consolida un modelo estable e profesionalizado, con programación anual alterna: nos anos impares celebrarase a edición de Artes Visuais e nos anos pares a de Artes Vivas. Neste caso concreto, no 2026, está previsto que máis de vinte artistas se concentren en Santa Clara convertendo o convento nun espazo de produción, pensamento e experimentación cultural aberto á cidadanía en un lugar estratéxico ao servizo da cultura contemporánea.

Rafa Domínguez aproveitará a súa presenza en ARCOmadrid para reforzar os vínculos con institucións culturais de referencia estatal e para proxectar o compromiso da Deputación coa recuperación da memoria artística, o diálogo cultural e a conexión entre patrimonio e creación contemporánea. Neste eido o sábado, 7 de marzo, realizará unha visita ao Museo Reina Sofía, onde realizará un percorrido pola exposición dedicada a Maruja Mallo acompañado pola comisaria da mostra. Ademais visitará a nova presentación das coleccións do Museo Reina Sofía, que ocupa integramente a cuarta planta do Edificio Sabatini e revisa a historia da arte dos últimos cincuenta anos, na que están presentes obras de destacados artistas contemporáneos galegos como Menchu Lamas, Antón Patiño, Antón Reixa, Ángela de la Cruz, Manuel Vilariño, Vari Caramés ou Xurxo Lobato.

Posteriormente Domínguez trasladarase á Residencia de Estudiantes para visitar a exposición Intolerancia, centrada na memoria intelectual, o pensamento crítico e os debates culturais da España contemporánea. A mostra conta con tres obras procedentes do Museo de Pontevedra: dous debuxos de Arturo Souto (Cruce dos Pireneos e A véspera no campo de concentración) e un de Castelao, A derradeira lección do mestre.

Noticias relacionadas

{"classPK":14697975,"groupId":"37861","name":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","alt":"A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra","title":"20260226_rafa-dominguez-presentacion-programacion-museo-2026-2.jpg","type":"document","uuid":"ea343894-a472-2ba4-80ec-987d8b75bb29","fileEntryId":"14697975","resourcePrimKey":"14698138"}

A Deputación aposta pola perspectiva inclusiva e o diálogo entre historia e creación actual na programación do 2026 do Museo de Pontevedra

  26/02/2026

{"classPK":14386425,"groupId":"37861","name":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_06.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260109_luislopez_rp_jphilippot_06.jpg","type":"document","uuid":"4bb30193-0dfc-e0d3-08d3-8ccac52072f8","fileEntryId":"14386425","resourcePrimKey":"14386440"}

Luis López destaca a atención aos 61 concellos, o turismo internacional e o apoio á provincia do deporte entre os obxectivos da Deputación para 2026

  09/01/2026

{"classPK":14241378,"groupId":"37861","name":"20251217_rafadominguez_bienal_santaclara_jphilippot_11.jpg","alt":"Rafa Domínguez","title":"20251217_rafadominguez_bienal_santaclara_jphilippot_11.jpg","type":"document","uuid":"e24f77ad-e775-6936-f2e0-69181f38c3a0","fileEntryId":"14241378","resourcePrimKey":"14241406"}

A Deputación impulsa a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, que transformará Santa Clara nun espazo de creación contemporánea no verán de 2026 dentro da nova estratexia anual do Museo

  17/12/2025