Luisa Sánchez anuncia que a Deputación incrementará o seu apoio a Érguete nos orzamentos provinciais de 2026

As axudas directas elevaranse ata os 45.000 euros no vindeiro exercicio, durante o cal se manterá a colaboración para o desenvolvemento de actividades e a cesión de espazos

03/11/2025

Luis López asina co alcalde de Lalín, José Crespo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou que os orzamentos provinciais de 2026 incrementarán o seu apoio á Asociación Érguete Prevención, á Asociación Érguete Integración e á Fundación Érguete a través da área de Benestar Social. A asignación conxunta para estas entidades elevarase ata os 45.000 euros, un 23% máis que en 2025.

Así llo comunicou a vicepresidenta á directora da fundación, Ana María Álvarez, durante unha reunión mantida este luns na sede viguesa da Deputación. No encontro, de carácter periódico e celebrado a petición de Érguete, tamén participou a responsable do programa de Emprego Inclusivo.

Luisa Sánchez valorou positivamente a “excelente relación” que a institución provincial mantén con Érguete, cuxa asociación celebra o seu 40º aniversario. Neste sentido, recordou que a Deputación concedeu en 2025 outros 15.500 euros por medio de diferentes axudas en réxime de concorrencia competitiva. Ademais, a colaboración vese ampliada co apoio a diversas actividades e coa cesión das instalacións da sede de Vigo para o desenvolvemento de eventos.

“Estamos moi contentos por poder introducir esta mellora nos orzamentos da Deputación. O exemplar traballo de Érguete vese favorecido no presuposto provincial de 2026 para que a asociación e a fundación sigan traballando por unha provincia máis xusta, igualitaria e integradora”, sinalou Luisa Sánchez.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.