A Deputación aumenta nun 20% as axudas ás escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro, que recibirán este ano 120.000 euros

As achegas, que superan en 30.000 euros o crédito que se lles destinaba en 2023, permitirán ás entidades financiar, entre outros asuntos, gastos de persoal, de material ou reparación e conservación dos seus locais

04/07/2025

Luis López na rolda de prensa

A Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde a unha nova liña de axudas para apoiar as escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro da provincia. A liña está dotada de 120.000 euros, o que supón, como salientou o presidente provincial, Luis López, “un aumento de 20.000 euros respecto ao ano pasado e de 30.000 euros respecto ao que recibían en 2023”. O presidente da Deputación salientou que, “ao igual que o municipalismo que abandeira este goberno, tamén estamos moi preocupados de recuperación a estreita relación que consideramos que a Deputación debe ter co asociacionismo da provincia”, e enmarcou este aumento das axudas na necesidade de “que conten con máis crédito para atender as súas demandas”.

As axudas permitirán ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro financiar gastos de persoal e de material de oficina, subministracións, a reparación e conservación dos seus locais, a reparación de instrumentos, as primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas.

Segundo o presidente provincial, estas axudas permitirán apoiar “a uns verdadeiros dinamizadores culturais da nosa provincia”, e puxo en valor “o labor fundamental que teñen estas asociacións para que as escolas de música se manteñan con vida máis alá das grandes cidades”.

videos

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":9549852,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-3.jpg","alt":" Últimos días axudas escolas de música 2025","title":"20240620_logo_entrada-3.jpg","type":"document","uuid":"03d29345-025b-5a0d-6f02-1ac67e42ef43","fileEntryId":"9549852","resourcePrimKey":"13608093"}

A Deputación ultima os días para solicitar as axudas ás escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro, que recibirán este ano 120.000 euros, un 20% máis que no 2024

  23/09/2025

{"classPK":13149405,"groupId":"37861","name":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICAO_MORRAZO.jpg","alt":"Axudas escolas de música O Morrazo","title":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICAO_MORRAZO.jpg","type":"document","uuid":"23aa5272-649b-ac94-2980-61a5bedb8e0b","fileEntryId":"13149405","resourcePrimKey":"13149420"}

A Deputación anuncia en Cangas do Morrazo a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

  17/07/2025

{"classPK":13146951,"groupId":"37861","name":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","alt":"Apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música","title":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","type":"document","uuid":"22a400a8-2842-da28-8603-aa3c707ed406","fileEntryId":"13146951","resourcePrimKey":"13146994"}

A Deputación anuncia en Cerdedo-Cotobade a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

  17/07/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.