A Deputación de Pontevedra avanza no ciclo de Artes Vivas da Bienal coa exploración do baile flamenco de Leonor Leal

A bailaora xerezana achégase a través do baile a ausencia de textos escritos sobre o flamenco, este venres 19 de setembro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra

18/09/2025

A Deputación de Pontevedra avanza na programación de Artes Vivas da Bienal cunha nova actuación en Pontevedra, a penúltima do ciclo. Comisariado por Iñaki Martínez Antelo, o ciclo está a percorrer diferentes puntos da provincia activando espazos urbanos, patrimoniais e industriais que se transforman en escenarios efémeros abertos ao público co obxectivo de conectar a creación contemporánea co territorio e os seus habitantes, favorecendo novos encontros e experiencias culturais. Neste ocasión, El lenguaje de las líneas, de Leonor Leal, chega este venres 19 de setembro ás 20:00 horas ao Teatro Principal de Pontevedra. Entrada libre ata completar a capacidade.  

Leonor Leal, bailaora e creadora contemporánea, optou por habitar o teatro desde unha óptica innovadora e distinta. El lenguaje de las líneas preséntase como unha charla bailada. A ascendente creadora, que se move no territorio do novo flamenco, quere compartir as súas inquietudes sobre a ausencia de textos escritos sobre flamenco. Non será unha conferencia con ela sentada fronte a un micrófono soltando un discurso, senón un match entre corpo e palabra. 

Leonor Leal (Xerez da Fronteira) é unha bailaora singular e versátil, de formación sólida. Obtén a titulación en Ballet Clásico pola Real Academia de Danza do Reino Unido e en Danza Clásica e Danza Española polo Conservatorio de Danza de Sevilla. A súa traxectoria solista é apoiada por diversos galardóns ao seu traballo como intérprete e creadora de coreografías e espectáculo, coma o Premio Bailarina Sobresaliente do Certame Coreográfico Danza Española e Flamenco (Madrid, 2008), o Premio Artista Revelación do Festival de Xerez (2011) por eLe eLe e dúas candidaturas aos Premios Max como mellor intérprete feminina de danza e mellor espectáculo de danza por Nocturno. As súas obras exhibíronse nas principais mostras europeas e americanas de flamenco, coma as bienais de Sevilla e Holanda ou os festivais de Xerez, Düsseldorf, Esch-Luxemburgo, Nîmes, Mont de Marsan, Toulouse, Londres e Nova York.

 

Noticias relacionadas

{"classPK":14241378,"groupId":"37861","name":"20251217_rafadominguez_bienal_santaclara_jphilippot_11.jpg","alt":"Rafa Domínguez","title":"20251217_rafadominguez_bienal_santaclara_jphilippot_11.jpg","type":"document","uuid":"e24f77ad-e775-6936-f2e0-69181f38c3a0","fileEntryId":"14241378","resourcePrimKey":"14241406"}

A Deputación impulsa a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, que transformará Santa Clara nun espazo de creación contemporánea no verán de 2026 dentro da nova estratexia anual do Museo

  17/12/2025

{"classPK":13624077,"groupId":"37861","name":"20250926_rafa_dominguez_corpo_consular_bienal_01.jpg","alt":"Percorrido pola Bienal de Arte co Corpo Consular de Vigo","title":"20250926_rafa_dominguez_corpo_consular_bienal_01.jpg","type":"document","uuid":"1e5b9b79-e863-5b1d-0bf2-59a4bd8774a3","fileEntryId":"13624077","resourcePrimKey":"13624122"}

Rafa Domínguez visita a 32ª Bienal de Arte de Pontevedra co Corpo Consular de Vigo

  26/09/2025

{"classPK":13622906,"groupId":"37861","name":"20250925-Seminario-Volver-a-Ser-Humanos.jpeg","alt":"Rafa Domínguez inaugura na UNED o seminario internacional \u201cVolver a ser humanos\u201d ","title":"20250925-Seminario-Volver-a-Ser-Humanos.jpeg","type":"document","uuid":"fb13858a-0d8b-863c-4d56-499c5200445e","fileEntryId":"13622906","resourcePrimKey":"13622986"}

Rafa Domínguez inaugura na UNED o seminario internacional “Volver a ser humanos” que reúne figuras do pensamento e a creación contemporánea como clausura da Bienal de Pontevedra

  25/09/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.