A Deputación presenta nas Neves as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron unha decena de entidades do concello con 155.000 €

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, deu a coñecer +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria, as tres liñas de axudas provinciais dirixidas a comunidades de augas e ao tecido asociativo que se poden solicitar ata o 1 de abril

12/02/2026

A Deputación de Pontevedra deu a coñecer nas Neves as liñas de axudas provinciais de Acción Comunitaria para este 2026 dirixidas a comunidades de augas e ao tecido asociativo, das que en anos anteriores se beneficiaron 14 entidades do concello con 155.000 € e, no conxunto da provincia, arredor de mil colectivos entre os que se distribuíron 11,5 M€. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou os recursos e novidades de +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria deste ano, unhas axudas que se poden solicitar ata o 1 de abril e que suman un investimento inicial de 3,2 millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2025.

As dúas liñas de axudas dirixidas ás comunidades de augas, +Aqua e +Novaqua, están dotadas este ano de máis de 1,8 millóns de euros para seguir avanzando na mellora da calidade da auga e das súas instalacións, así como na regularización das traídas. Os 360.000 € de +Novaqua irán dirixidos a regularizar as traídas de augas veciñais, con axudas que ascenden ata os 6.000 euros e permitirán aos colectivos sufragar os custos da redacción do proxecto de legalización e renovación, das analíticas ou dos traballos de topografía, así como os gastos de xestión e tramitación, entre outras cuestións.

Con preto de 1,5 millóns de euros, +Aqua destinará ata 10.000 € por entidade para instalar ou mellorar as infraestruturas das traídas de augas comunitarias (contadores, canalizacións, redes de distribución, tomas…), así como iniciativas de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética que impliquen unha mellora na xestión da auga. Tamén poderán dedicar os recursos da Deputación a financiar sistemas de tratamentos ou da calidade da auga subministrada, ademais de a obras de mellora na captación ou actuacións de impermeabilización, entre outras actuacións.

No que respecta a Provincia Comunitaria, a liña de axudas dirixida a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia, o orzamento ascende a preto de 1,5 millóns, tamén con máximo de 10.000 euros por entidade beneficiaria. Neste caso, os colectivos poderán solicitar o financiamento de obras, da adquisición de equipamentos ou dos gastos derivados da xestión e tramitación da subvención e do pago de taxas, así como para traballos de roza e de limpeza de terreos.

Recursos de Acción Comunitaria nas Neves
Ata o de agora foron 14e as entidades das Neves que se beneficiaron de máis de 155.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra. Por unha banda, dez comunidades de usuarios de augas recibiron preto de 120.000 € para mellorar a calidade e xestión das augas e realizar obras de mellora nas súa infraestruturas e catro asociacións contaron con 35.000 € para rehabilitar os seus locais sociais e dotalos de novos equipamentos para as persoas usuarias.

Noticias relacionadas

{"classPK":14664504,"groupId":"37861","name":"20260221-Javier-touris-Accion-comunitaria-Agolada-1.jpg","alt":"Javier Toruirs acción comunitaria","title":"20260221-Javier-touris-Accion-comunitaria-Agolada-1.jpg","type":"document","uuid":"ba56de6f-be13-d50c-b4f3-a730e1492311","fileEntryId":"14664504","resourcePrimKey":"14664520"}

A Deputación presenta en Agolada as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron catro entidades do concello con máis de 26.000 €

  21/02/2026

{"classPK":14662515,"groupId":"37861","name":"20260219_luis_lopez_accion_comunitaria_rodeiro1.jpg","alt":"Luis lópez presenta liñas axudas accion comunitaria 2026 rodeiro","title":"20260219_luis_lopez_accion_comunitaria_rodeiro1.jpg","type":"document","uuid":"98d68bb9-0aa7-fc78-1a96-a07f29544661","fileEntryId":"14662515","resourcePrimKey":"14662535"}

Luis López presenta en Rodeiro as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron dúas entidades do concello con 16.000 €

  19/02/2026

{"classPK":14555416,"groupId":"37861","name":"20260205_LuisLopez_AccionComunitaria_SalcedaCaselas_Slorenzo_03.jpg","alt":"","title":"20260205_LuisLopez_AccionComunitaria_SalcedaCaselas_Slorenzo_03.jpg","type":"document","uuid":"bcda7a57-a1d1-b708-258a-f8939d230d6c","fileEntryId":"14555416","resourcePrimKey":"14556428"}

Luis López presenta as bases dos tres plans de acción comunitaria para o 2026: unha inxección de 3,24M€ para seguir sendo referencia no apoio ao movemento veciñal

  05/02/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.