Luis López enxalza o valor do movemento veciñal para construír unha provincia máis integradora nun encontro coa Asociación de Mulleres Rurais de Trabanca Sardiñeira
O mandatario provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, comprobou en Vilagarcía os froitos do programa Provincia Comunitaria, cunha achega de 7.500e que permitiu mellorar os equipos do local social deste colectivo
06/05/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, enxalza o valor do movemento veciñal como elemento vertebrador e integrador da provincia nun encontro en Vilagarcía coas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras de Trabanca Sardiñeira. Acompañado polo deputado de Acción Comunitaria, Javier Touris, o mandatario provincial coñeceu os proxectos que este colectivo ten en marcha e comprobou o bo resultado que están a dar os programas de apoio ao movemento veciñal postos en marcha polo goberno provincial como o Plan Provincia Comunitaria, polo que esta entidade recibiu 7.500€ que permitiron ampliar os equipamentos do seu local social.
O Plan Provincia Comunitaria é un programa pioneiro impulsado polo goberno provincial para recuperar o apoio e a colaboración co movemento veciñal da provincia. Despois da excelente acollida que tivo a primeira edición, o executivo de Luis López reforza este ano a súa aposta por este plan elevando en 150.000 o orzamento, que se sitúa en 1,15M€ para repartir entre asociacións de veciños ou de mulleres rurais de toda a provincia. Un programa que reparte entre estas entidades entre 6.000 e 10.000 euros co obxectivo de favorecer a reforma das súas sedes, impulsar a organización de actividades ou mellorar os seus equipamentos.
No caso da Asociación de Mulleres rurais e Consumidoras de Trabanca Sardiñeira, a subvención de 7.550e recibida serviu para a adquisición de quince mesas, un carro de transporte, dous armarios e oito estanterías que potencian as posibilidades de organización de actividades no local social que o colectivo ten na praza de Los Ángeles, en Vilagarcía.
A colaboración da Deputación co tecido asociativo da provincia non se limita unicamente ao Plan Provincia Comunitaria, a través do departamento que dirixe o deputado Javier Tourís, están en marcha iniciativas como o Plan +Aqua, de apoio ás comunidades de usuarios de Auga; a Oficina de Transformación Comunitaria, para buscar unha maior eficiencia na produción e consumo enerxético; ou o programa +Convivir, unha proposta de ocio para desfrutar en comunidade.
