O vicepresidente Rafa Domínguez participa na entrega de premios dos XXVI Campionatos Galegos Universitarios de Deportes de Equipo

13/03/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal no acto de entrega de premios dos XXVI Campionatos Galegos Universitarios de Deportes de Equipo. No acto, no que tamén se deron cita o comandante-director da Escola Naval Militar de Marín, Pedro Cardona, e as vicerreitoras da Universidade de Vigo, Eva María Lantarón e Susana Reboreda, entregáronselles galardóns aos mellores equipos de baloncesto, fútbol e voleibol femininos e masculinos.

Durante a entrega de premios, Rafa Domínguez remarcou o compromiso do Goberno provincial co deporte e enxalzou a súa capacidade “para construír sociedades máis sas, avanzadas, cohesionadas e solidarias”. Tamén subliñou a importancia da práctica dos deportes en equipo, “pois exemplifican á perfección como a suma de sinerxías, o ir da man e o traballo conxunto proporcionan excelentes resultados”.

Galerias de imagenes