Luis López destaca a Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa como unha das citas que converten Pontevedra na capital do turismo gastronómico
10/08/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este domingo en Vilanova de Arousa aos actos da XXXI Festa do Mexillón e o Berberecho, unha cita que o presidente provincial destacou como un dos principais atractivos que converten as Rías Baixas na capital do turismo gastronómico coa previsión de vender máis de 5.000 racións.
O presidente celebrou o aumento da capacidade da carpa, para poder así acoller un 25% máis de comensais, e tamén lembrou que a institución provincial colaborou este ano financiando a través do +Música o concerto de Milladoiro, que tivo lugar a noite do sábado no marco da súa programación. López asistiu na Praza do Parque á lectura do pregón e á entrega de insignias, na que participou, e posteriormente asistiu ao xantar oficial que se celebrou no Pazo de Vista Real (en Corón).