Luis López participa na Clásica Álvaro Pino, unha marcha ciclista para descubrir o paraíso interior da provincia

25/05/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participa na marcha cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino celebrada este domingo no Concello de Ponteareas. O mandatario provincial completou un percorrido de 129 quilómetros polos camiños da comarca do Condado e A Paradanta co que amosa o compromiso do goberno provincial co deporte e a posta en valor do medio natural ao tempo que dá a coñecer os atractivos do interior da provincia, un destino turístico único para practicar deporte e estar en contacto coa natureza os 365 días do ano.

Galerias de imagenes