Luisa Sánchez asiste á recepción ao PAOK de Salónica con motivo do regreso das competicións europeas a Balaídos

02/10/2025

Luisa Sánchez asiste á recepción ao PAOK

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na recepción que o Real Club Celta brindou ao equipo grego do PAOK de Salónica con motivo do regreso das competicións europeas a Balaídos. A sede da entidade deportiva viguesa foi o escenario deste acto, previo ao partido que se disputará ás 21.00 horas no estadio olívico. A representante provincial plasmou a súa sinatura sobre o cartel que anuncia o enfrontamento e desexou ao conxunto adestrado por Claudio Giráldez a mellor das sortes, tanto neste encontro contra o cadro heleno como no resto de compromisos que deberá afrontar esta tempada na UEFA Europa League.