Luisa Sánchez participa nos actos do XX aniversario da Axencia Europea de Control da Pesca

24/04/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves nos actos do XX aniversario da Axencia Europea de Control da Pesca, que tiveron lugar no Tinglado do Porto de Vigo. A axencia, que se creou en 2005 e se instalou en Vigo en 2008, conta cun cento de profesionais procedentes dunha vintena de países, e é unha das só dúas axencias comunitarias que se atopan en España. O seu obxectivo é mellorar o cumprimento da Política Pesqueira Común controlando as pescas e a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.