Marta Fernández-Tapias asistiu na UNED de Vigo ás I Xornadas EU–LAC

16/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na UNED de Vigo ás I Xornadas EU–LAC; unha cita organizada pola institución educativa na que se analizaron as prioridades e os compromisos futuros dos países da Unión Europea e de América Latina e o Caribe, e que contou coa presenza e coa participación de destacadas e destacados representantes de organismos internacionais.

Na apertura das xornadas, Fernández-Tapias salientou “o forte vínculo que une os territorios da Unión Europea e de América Latina e o Caribe. Temos unha historia común grazas a unha relación que construímos ao longo dos séculos”. Ademais, confirmou “o compromiso e aposta pola colaboración entre diferentes entidades”, co fin de “avanzar e aproveitar as oportunidades de desenvolvemento”.