Luisa Sánchez participa na celebración da Festa da Brincadeira de Bouzas

10/05/2026

Luisa Sánchez participa na celebración da Festa da Brincadeira de Bouzas

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou Bouzas este domingo para asistir á XVIII edición da Festa da Brincadeira, unha das recreacións históricas máis emblemáticas de Vigo. A celebración conmemora a expulsión das tropas napoleónicas da vila mariñeira en 1809 e converte cada ano as súas rúas nun escenario histórico ao aire libre.

A representante provincial percorreu os postos do mercado tradicional, así como os diferentes espazos dedicados aos oficios antigos, actuacións musicais e representacións históricas que forman parte da programación da festa. Neste sentido, salientou destacou o papel da Brincadeira como exemplo de recuperación e posta en valor da historia de Vigo.