Luis López salienta a proposta de natureza, gastronomía e cultura do Atlantic Fest, “unha referencia do verán nas Rías Baixas”

O dirixente provincial participa na praia da Concha de Vilagarcía na presentación dun festival enmarcado nos Rías Baixas Fest que se celebra do 18 ao 20 de xullo

16/07/2025

Presentación do festival Atlantic Fest 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinala o festival Atlantic Fest, un dos seis festivais englobado na marca Rias Baixas Fest que impulsa o organismo provincial, como "unha das referencias do verán nas Rías Baixas". O mandatario provincial, acompañado pola directora de turismo da Deputación, Romina Fernández, vén de participar este mércores, na praia da Concha de Vilagarcía, no acto de presentación oficial dun evento que se celebra esta fin de semana, do 18 ao 20 de xullo.

"O Atlantic Fest é moito máis ca un fin de semana de música por todo o que xera desde o punto de vista económico, de emprego e por todo o impulso que lle dá a esta comarca. Ademais é un exemplo do que facemos por descentralizar eventos de todo tipo e que resume o destino Rías Baixas: natureza, cultura e gastronomía", salientou o mandatario provincial sobre un evento que "sitúa á comarca do Salnés como capital da cultura e que fai que a provincia sexa un referente a nivel nacional".

O festival celebrarase entre os días 18 e 20 de xullo na contorna natural da praia da Concha, no Concello de Vilagarcía. Un evento que ofrece tres días de concertos con grupos de primeiro nivel do panorama nacional e galego, como Xoel López, Zahara, Lori Meyers ou Los Planetas, así como un espazo gastronómico e zona infantil impulsada pola Deputación pola que pasaron 800 familias na pasada edición.

Os Rías Baixas Fest son a banda sonora do verán na provincia e un dos grandes atractivos do modelo de destino turístico que promove a Deputación baseado na sustentabilidade, na descentralización e na oferta de eventos culturais de calidade que atraen cada ano a máis visitantes. "O verán nas Rías Baixas non se entende sen os Rías Baixas Fest, ao que pertence o Atlantic Fest e que é unha referencia", declarou o presidente antes de asegurar que "sobran os motivos" para achegarse esta fin de semana á praia da Concha para desfrutar so Atlantic Fest.  

Enlaces de interés

Galerias de imagenes

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.