Luis López tende a man da Deputación para colaborar na seguridade cidadá nunha reunión co novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Manuel Touceda
30/01/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Manuel Touceda Souto, natural da Estrada. Neste primeiro encontro institucional entre os dous dirixentes, repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas institución e reafirmaron a vontade de cooperar en todo o que sexa posible para garantir a seguridade da cidadanía no conxunto da provincia.
