Luis López asiste na Escola Naval Militar ao acto de Entrega de Reales Despachos presidido polo rei Felipe VI
16/07/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa alcaldesa de Marín e deputada provincial, María Ramallo, asiste na Escola Naval Militar ao acto presidido pola Súa Maxestade o Rei Don Felipe VI de xura de bandeira das damas e cabaleiros aspirantes do primeiro curso e de entrega de Reales Despachos aos novos oficiais que conclúen o seu período formativo no centro marinense.
Unha cerimonia na que a princesa de Asturias, Dona Leonor de Borbón, foi distinguida coa Gran Cruz de Mérito Naval con distintivo branco despois de rematar o seu período formativo na Armada.