O Palacete das Mendoza acolle a exposición "Paciencia: óleo sobre lenzo", de Arquímedes Artal
A mostra do pintor hiperrealista abre as súas portas na sede de Turismo Rías Baixas o venres 15 de agosto e poderá visitarse ata o 31 de agosto
09/08/2025
A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres 15 de agosto no Palacete das Mendoza a exposición "Paciencia: óleo sobre lenzo", de Arquímedes Artal. A mostra, protagonizada por pinturas hiperrealistas do pintor zaragozano afincado en Vigo, estará dispoñible ata o 31 de xullo na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
Fillo dos pintores Fernando Artal e María José Moreno, Arquímedes Artal herdou a paixón pola arte pictórica, destacando desde moi mozo polas súas condicións plásticas. Na exposición "Paciencia: óleo sobre lenzo" amosa a súa maxistral técnica, capturando con mestría o paso do tempo ao mesturar esculturas antigas con paisaxes contemporáneos. Deste xeito, o pintor consegue reinterpretar a memoria e a historia a través da súa obra.
Os horarios de visita da mostra "Paciencia: óleo sobre lenzo" no Palacete das Mendoza serán os seguintes: de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, e os sábados, domingos e festivos (como o propio venres da inauguración) de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
