Luisa Sánchez asiste ao adestramento final da temporada do Amfiv e pon en valor a súa permanencia na mellor liga de baloncesto en cadeira de rodas do mundo

16/05/2024

Adestramento final da temporada do Amfiv

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón de Deportes do Berbés de Vigo onde tamén se reuniu coa súa xunta directiva. Na xuntanza, Sánchez puxo en valor a permanencia do equipo na mellor liga de baloncesto en cadeiras de rodas do mundo e manifestou a vontade da Deputación de Pontevedra de seguir colaborando para afianzar a súa posición nesta competición. Neste eido, a vicepresidenta provincial recordou que nesta temporada a Deputación de Pontevedra destinou ao Amfiv de Vigo unha axuda de 50.000 euros.  

Luisa Sánchez coincidiu na visita ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón do Berbés cun grupo de alumnos do colexio vigués de Carmelitas.

 

 

Galerias de imagenes