Luisa Sánchez e Paula Bouzós poñen en valor o apoio da Deputación de Pontevedra ás entidades sociais de Vigo durante unha visita á sede de ASEM Galicia

09/02/2026

Luisa Sanchez visita ASEM vigo

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, e a deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, puxeron en valor o apoio que presta a Deputación de Pontevedra ás entidades sociais, despois de destinar en 2025 un total de 238.131 euros a 57 asociacións de Vigo para que poidan desenvolver a súa actividade. Unha cifra que supuxo practicamente o 48% do orzamento para a provincia.

Durante unha visita á sede de ASEM Galicia, as representantes provinciais recordaron que o presuposto para financiar proxectos, programas e actividades sociais incrementase nun 20% en 2026, ata os 600.000 euros. Ademais, as bases da actual convocatoria, aberta ata o 5 de marzo, elevan ata 8.000 euros a axuda máxima por entidade, fronte aos 7.000 do ano anterior. Igualmente, Sánchez e Bouzós coñeceron os principais servizos de ASEM Galicia, entre eles a asistencia persoal para fomentar a autonomía, o banco de produtos de apoio, a fisioterapia e a atención psicolóxica especializada, así como as actividades formativas e deportivas adaptadas. A Deputación aumentou un 24% os fondos destinados a terapias rehabilitadoras.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.