A vicepresidenta, Luisa Sánchez, conversa na sede de Vigo da Deputación coa escritora María Oruña, gañadora do II Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías de Cultura

16/04/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde na sede de Vigo na charla coloquio coa escritora María Oruña, gañadora do segundo Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías de Cultura, entregado pola Deputación e o Faro de Vigo. No encontro, moderado pola xornalista Guada Guerra, a vicepresidenta asegurou que a autora dos libros de Puerto escondido “converteuse ao longo dos últimos anos na escritora viguesa máis lida, unha das nosas escritoras contemporáneas máis ilustres e digna merecedora do premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías de Cultura”.

Luisa Sánchez lembrou durante a conversa que “a cultura referéncianos por todo, e esta cidade ten que recuperar a posición que tivo nas vangardas culturais”, algo polo que “traballaremos con intensidade desde a Deputación para apoiar a cultura e os creadores en todo o que necesitedes. A provincia necesítao. Vigo necesítao”.