A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste á misa e á procesión de La Borriquita

24/03/2024

Luisa Sánchez asiste á misa e á procesión de La Borriquita

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu na mañá deste domingo á santa misa celebrada no santuario de María Auxiliadora de Vigo, e presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro. A continuación, formou parte da procesión de La Borriquita, que saíu do mesmo templo e encheu o centro da cidade de fieis con palmas e oliveiras, e que rematou na igrexa de Santiago de Vigo tras o seu paso pola Porta do Sol, onde se realizou a tradicional bendición.

Galerias de imaxes