A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá Cerdedo o próximo 11 de maio

03/05/2024

Presenta a Copa Deputación de Kickboxing

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban de presentar no Pazo Provincial da Deputación a Copa Deputación de Pontevedra de Kickboxing xunto cos presidentes dos clubs ABP Sport y Hong Muay Thai, Antonio Garrido, e o delegado da Federación José Santiago.

 A cita, que  terá lugar o 11 de maio no Pavillón Municipal de Cerdedo, congregará a máis dun centenar de deportistas de clubs da provincia entre os que se atopan o  ABP Sport, Hong Muay Thai, as escolas de kick boxing de Marín e de Ponte Caldelas, Ampa Barro, Kick Boxing Arcade, Kyap e El Barrio. Completan esta listaxe unha decena máis de clubs de toda a xeografía galega que tamén se darán cita na Copa Deputación de Pontevedra de Kickboxing.