A vicepresidenta Luisa Sánchez mostra o seu apoio ao traballo de Cáritas

10/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez , acudiu hoxe no Club de Campo de Vigo á cea benéfica organizada por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para recadar fondos para mellorar as condicións de vida da cidadanía. Con esta cita, celebrada baixo o lema “Hoxe por ti” e que contou coa actuación musical da banda Club Naval, a asociación quixo implicar á sociedade viguesa ante o crecente número de usuarios que requiren dos seus servizos.