O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez asiste aos actos do Día da Subdelegación de Defensa

10/05/2024

Actos do Día da Subdelegación de Defensa 2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra Rafa Domínguez acaba de participar nos actos con motivo do Día da Subdelegación de Defensa en Pontevedra. Durante o acto fixéronse entrega e imposición de condecoracións, así como de diplomas ao persoal reservista voluntario das Forzas Armadas, ademais de recoñecementos a institucións civís e militares. Tamén se entregaron os premios do concurso literario escolar "Carta a un militar español" e rendeuse homenaxe ás persoas que deron a súa vida por España.