Luis López amosa o interese da Deputación polo sector conserveiro e o medio mariño coa asistencia ao acto de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca

10/05/2024

Entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, que tivo lugar esta mañá de venres na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo e contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A patronal do sector conserveiro, que este ano celebra o seu 120 aniversario, recoñeceu o labor do Instituto Tecnolóxico para o Control do medio Mariño de Galicia (Intecmar) e á secretaria de Estado de Comercio, a pontevedresa Xiana Méndez Bértolo.