Luisa Sánchez remarca o papel referencial dos enxeñeiros vigueses no xantar de confraternidade do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Vigo

27/04/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mediodía no xantar de confraternidade do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Vigo encabezado polo seu decano, Jorge Cerqueiro. No xantar, Sánchez aproveitou a ocasión para recoñecer aos 16 profesionais homenaxeados, “que dedicaron toda a súa vida a este traballo”, e para remarcar o papel referencial dos enxeñeiros vigueses: “O talento dos enxeñeiros vigueses tense convertido en foco de interese das grandes compañías internacionais e os vosos proxectos teñen situado a Vigo no centro do mapa, porque Vigo e a enxeñería industrial son un binomio que dificilmente se pode separar”.