A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese co presidente da Federación Provincial de Comercio

14/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso do Emprego, Luisa Sánchez, reuniuse esta mañá co presidente da Federación Provincial de Comercio, Iván Iglesias, e co presidente da Asociación de Comerciantes da Zona Náutica de Vigo, Rubén Pérez, para analizar vías de colaboración conxuntas de cara ao impulso, promoción e fomento do comercio. Durante o encontro, a vicepresidenta provincial recordou que a Deputación está a traballar en diferentes actuacións para dinamizar o comercio na provincia de Pontevedra como os proxectos “Commerce Inside” ou “Da túa man”.