O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

03/05/2024

O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto gourmet galego Etiqueta Negra, que terá lugar entre os días 9 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. A xuntanza serviu como primeira toma de contacto para explorar posibles vías de colaboración nos diferentes eventos que se celebrarán ao abeiro desta cita, á que leva apoiando a institución provincial desde a súa primeira edición.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.