Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira, que volve estar aberta a visitas

05/05/2024

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola no mosteiro da Armenteira

Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve estar aberta para as visitas da veciñanza.

Desde a Deputación de Pontevedra, que leva traballando semanas con discreción para reabrir e poñer en valor o templo tras meses de peche, salientan que o Mosteiro de Armenteira é un activo de enorme valor cultural e turístico para o Salnés, para a provincia e para toda Galicia, que agora volve estar a disposición do público.