Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación do libro “Fuentes Mora: La radio en Pontevedra de 1949 a 1979”

26/04/2024

Presentación do libro Fuentes Mora. La radio en Pontevedra de 1949 a 1979

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en Pontevedra de 1949 a 1979”, escrito por José Ángel Fuentes. No acto, o vicepresidente provincial subliñou o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes na historia da radio en Pontevedra, “quen se puxo en fronte dos micrófonos do programa La Opinión, que nos leva acompañando nada máis e nada menos que 48 anos, para abrilos á cidadanía”. Tamén felicitou ao autor, fillo de protagonista do libro, por “este traballo de recuperación histórica dunha das voces máis recoñecibles da nosa radio local”.

Galerias de imaxes