Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha reunión co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal

28/04/2024

Reunión co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal. Ambos os dous dirixentes repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas institución e reafirmaron a vontade de cooperar en todo o que sexa posible para garantir a seguridade da cidadanía no conxunto da provincia.

O encontro entre Luis López e o coronel Simón Venzal enmárcase nunha serie de contactos que o titular do goberno provincial vén mantendo nas últimas semanas con responsables de todos os estamentos da sociedade pontevedresa coa intención de tender pontes entre a Deputación e todas as entidades con presenza na provincia de Pontevedra.