Axenda de actividades provinciais

+ Musica. Francisco Castro & A Banda dos Borges

2024-06-08 22:00:00.0
Pazo de Mos
Francisco Castro e  banda dos Borges

Francisco Castro presenta o seu primeiro disco titulado Agora é o tempo (Awanta Producións, 2023). No plano musical viaxa entre o rock, o funkie e o pop máis vitalista, sen esquecer algunha que outra balada. A súa música gravita arredor de ritmos pegadizos e, sobre todo, letras intensas que reflicten a súa forza poética. Letras e músicas para reivindicar a vida pero tamén para pelexar contra dunha realidade que merece ser, cando menos, pensada.