Axenda de actividades provinciais

Música no Ar. Dextrum Ensemble

2022-07-17 20:00:00.0
Casa reitoral de Santa Mariña, Covelo
Música no Ar

Unha nova actuación da terceira edición do programa “Música no Ar”, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia

Información

Dextrum Ensemble é un cuarteto de saxofóns formado por músicos galegos: Miriam Aneiros no saxofón soprano, Blanca Represas no saxofón alto, Javier Comesaña no saxofón tenor e Alberto Rocha no saxofón barítono. Déronse a coñecer o 2 de abril de 2017 no auditorio municipal do Rosal e, a partir dese momento, comezan a traballar en proxectos de diversa índole, coma “Viaxe musical” no mosteiro de Carboeiro (Silleda).

Sábado 17 de xullo, ás 20 h

As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.

Máis información e calendario de actuacións