#INFRAESTRUTURAS

Actuacións en estradas provinciais

Financiadas con fondos europeos

As accións que a Deputación de Pontevedra desenvolveu nos últimos tempos encaixan cos obxectivos marcados e a institución destaca como unha Administración referente no relativo á recuperación do espazo público para as persoas nas súas actuacións na rede viaria provincial. Iniciativas coma o Decálogo de actuacións nas estradas provinciais, que prioriza as necesidades dos sectores máis vulnerables, no que a xerarquía que se establece é 1.º peoas e peóns, 2.º ciclistas, 3.º transporte público e 4.º vehículo privado; o Plan Móvese, para o calmado de tráfico nas estradas provinciais; o Protocolo de actuación para os proxectos de seguridade viaria na rede provincial; ou a promoción da redacción da Guía de espazos públicos e mobilidade amable, que ten por finalidade establecer uns criterios para as actuacións que favorezan a convivencia de viandantes e usuarias e usuarios de vehículos de forma harmónica, entre outras, conforman as liñas de traballo que leva a cabo a Deputación de Pontevedra. Búscase compatibilizar os usos para devolverlles o espazo público ás persoas, promover mobilidades alternativas ás dos vehículos e diminuír as emisións de carbono.


OBRAS FINANCIADAS CON FONDOS FEDER 2014-2020

A Deputación de Pontevedra para a realización de varias actuacións acolleuse ao Real decreto 616/2017, de 16 de xuño (BOE núm. 144, de 17 de xuño), polo que se regula a concesión directa de subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real decreto 1516/2018, de 28 de decembro (BOE núm. 314, de 29 de decembro), o Real decreto 316/2019, de 26 de abril (BOE núm. 130, de 30 de abril) e o Real decreto 1185/2020, de 29 de decembro (BOE núm. 340, de 30 de decembro).

O obxecto do Real decreto é a concesión directa de subvencións para proxectos singulares que faciliten o paso a unha economía baixa en carbono no ámbito das entidades locais españolas, con cargo aos fondos FEDER incluídos no eixe 4 de economía baixa en carbono do Programa operativo plurirrexional de crecemento sostible (POCS) para o período 2014-2020.

EP-0206 PONTE CALDELAS

Cartel de obra 0206CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL NA EP-2906 PONTE CALDELAS-PARADA-XUSTÁNS (PONTE CALDELAS)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso cara a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Descripción da actuación:

A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-0206 que comunica a PO-532 co núcleo de Parada, creando un itinerario peonil seguro desde o núcleo urbano de Ponte Caldelas ata o lugar de Parada.

Implica unha replanificación profunda e conceptual, co fin de mellorar a seguridade viaria dunha estrada que non conta cun espazo adecuado para o tránsito das e dos viandantes. Para iso, instálase unha senda peonil de formigón na marxe dereita da estrada, de 1,1 km de lonxitude e cun ancho mínimo de 2,50 metros, reservada para os colectivos máis vulnerables.

Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, polo tanto, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.

Investimento total

Subvención concedida

226.089,38 €

169.743,20 €

 

EP-0206 PONTE CALDELAS

Obxectivo:

  • 04. Apoiar a transición cara a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451. Mobilidade urbana sostible

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético anual del 5,2 %
Antes
Despois
Antes
Despois
EP-0601 POIO

Cartel de  obra 0601MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP-0601 PORTOSANTO-CAMPELO-C-550 DESDE O P. Q. 0+000 ATA O CONTORNO DA BAIXADA CARA AO PORTO DE CAMPELO NO P. Q. 1+730 (POIO)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso cara a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Descripción da actuación:

A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-0601 que comprende desde a confluencia das rúas Padre Avelino e Beiramar, en Campelo, ata a intersección coa avenida Peirao Besada, no municipio de Poio, desde o p. q. 0+000 ata o p. q. 1+730.

Implica unha replanificación profunda e conceptual, co fin de mellorar a seguridade viaria dunha estrada deteriorada e sen ningún tipo de área reservada para as e os viandantes. Para iso, proxéctase unha senda peonil de formigón coloreado, de 2,5 metros de ancho e 1.730 metros de longo, reservada para os colectivos máis vulnerables. Nos puntos do trazado onde non é posible instalar a senda establécese unha zona de convivencia entre o tráfico rodado e o peonil, con prioridade peonil e velocidade limitada a 20 km/h.

Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, polo tanto, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.

Investimento total

Subvención concedida

2.012.119,33 €

1.400.045,24 €

EP-0601 POIO

Obxectivo:

  • 04. Apoiar a transición cara a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451. Mobilidade urbana sostible

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético anual do 9 %
Antes
Despois
Antes
Despois
EP-2906 REDONDELA

Cartel de obra 2906ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-2906 OS VALOS-GUIZÁN DESDE O P. Q. 2+180 ATA O P. Q. 2+920 (REDONDELA)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso cara a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Descripción de la actuación:

A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil na estrada provincial EP-2906, que comunica Os Valos con Guizán, concretamente no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2+180 e 2+920.

Implica unha replanificación profunda e conceptual, co fin de mellorar a seguridade viaria nunha estrada deteriorada. Para iso, proxéctase unha calzada con beiravía en ambas as marxes e unha senda peonil de formigón na marxe esquerda, de 2,50 metros de ancho, reservada aos colectivos máis vulnerables. Nos puntos do trazado nos que non é posible instalar a senda, establécese unha zona de convivencia entre o tráfico rodado e o peonil, con prioridade peonil e velocidade limitada a 20 km/h.

Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, polo tanto, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.

Investimento total

Subvención concedida

402.341,49 €

257.480,08 €

 

EP-2906 REDONDELA

Obxectivo:

  • 4. Apoiar a transición cara a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451. Mobilidade urbana sostible

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético anual do 7 %
Antes
Despois
Antes
Despois
EP 1104 MOAÑA


RECUPERACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO E MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL ENTRE O p. q. 1+200 e O p. q. 1 +780 DA EP-1104 MOAÑA-COIRO (MOAÑA)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do programa operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Descrición da actuación:

Consiste en mellorar a mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-1104 Moaña-Coiro desde o p. q. 1+200 ata o p. q. 1+780.

A actuación implica unha replanificación profunda e conceptual para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil nunha estrada que non conta con marxes coa continuidade, accesibilidade e seguridade necesarias para o tránsito peonil.

Para iso, amplíase a plataforma e execútase unha senda peonil de formigón nunha ou en ambas as marxes do tramo, cun ancho mínimo de 2,50 m. Nos puntos do trazado nos que non é posible executar a senda pola concentración de edificacións, establécese unha zona de convivencia con prioridade peonil.

Mediante esta actuación créase un itinerario peonil continuo, accesible e seguro de 580 m de lonxitude. Xérase unha infraestrutura atractiva para as persoas, o que implica un cambio de uso en favor das mobilidades amables, co obxectivo de reducir o uso do vehículo privado.

Investimento total

Subvención concedida

690.000,00 €

514.183,34 €

 

EP 1104 MOAÑA

Obxectivo:

  • 04. Apoiar a transición a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451. Mobilidade urbana sostible

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Aforro enerxético do 6,2 %
EP 1104 MOAÑA
Antes
EP 1104 MOAÑA
Despois
EP 1104 MOAÑA
Antes
EP 1104 MOAÑA
Despois
EP 1104 MOAÑA
Antes
EP 1104 MOAÑA
Despois
EP-9306 MEAÑO

Cartel construcción de una senda peatonal en la EP-9306 de Cobas a Padrenda (Meaño)
CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL NA EP-9306 DE COVAS A PADRENDA (MEAÑO)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Descrición da actuación:

A estrada EP-9306, de Covas a Padrenda, ten unha lonxitude total de 820 metros e discorre integramente polo concello de Meaño. A actuación consiste en mellorar a mobilidade mediante a execución dunha senda peonil na marxe esquerda da totalidade da estrada, dun ancho mínimo de 2,50 metros e adaptada ao espazo público existente, co fin de mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado coma para o peonil.

Esta obra ten como principal obxectivo crear espazos seguros para o tránsito peonil mediante a execución dunha senda, fomentar os paseos e os hábitos saudables, reducir o número de vehículos, a velocidade do tráfico, o ruído e a emisión de CO2, favorecendo o paso a unha economía baixa en carbono.

Investimento total

Subvención concedida

537.130,40 €

401.870,39 €

 

Mapa senda peatonar en la EP-9306 de Cobas a Padrenda (Meaño)

Objetivo:

  • 04 – Apoiar a transición a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451 – Mobilidade urbana sostible

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético anual do 6,7 %
EP-9306 MEAÑO
Antes
EP-9306 MEAÑO
Despois
EP-9306 MEAÑO
Antes
EP-9306 MEAÑO
Despois
EP-9306 MEAÑO
Antes
EP-9306 MEAÑO
Despois
EP-3303 O ROSAL

Cartel mejora de la movilidad peatonal en la EP-3303 Tabagón-Goián desde el P. K. 0+000 hasta el P. K. 1+795 tramo 1 (O Rosal)
MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP-3303 TABAGÓN-GOIÁN DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 1+795 TRAMO 1 (O Rosal)

Convocatoria:

Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020.

Descrición da actuación:

A actuación consiste na mellora da mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-3303 que vai desde o p. q. 0+000 ata o p. q. 1+795, mediante as seguintes actuacións:

  • Ampliación da plataforma de circulación para consolidar un ancho útil de 9,10 m
  • Execución dunha senda peonil na marxe dereita da EP-3303 de 2,50 m de ancho
  • Execución dunha zona de convivencia con prioridade peonil en formigón continuo nos puntos do trazado onde o requisito anterior non sexa posible

Con estas actuacións reducirase o consumo de enerxía final anual de 341.486 kWh a 310.220 kWh (9,2 %) e as emisións de 104 tCO2 eq/ano a 94 tCO2 eq/ano

Investimento total

Subvención concedida

610.921,46 €

472.622,59 €

 

Mapa EP-3303 tabagón-goián desde o P. Q. 0+000 ata o P. Q. 1+795 tramo 1 (O Rosal)

Obxectivo:

  • 04 Apoiar a transición a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico:

  • OE 451 Mobilidade urbana sustentable

Resultados:

  • Itinerario peonil e ciclista
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Incremento da seguridade viaria
  • Aforro enerxético anual do 9,2 %
EP-3303 O ROSAL
Antes
EP-3303 O ROSAL
Despois
EP-3303 O ROSAL
Antes
EP-3303 O ROSAL
Despois

 

OBRAS FINANCIADAS CON FONDOS PRTR

A pandemia ocasionada pola COVID-19 obrigoulles a todos os gobernos europeos a impulsar unha maior resiliencia das nosas sociedades nos ámbitos económico e sanitario. No marco do Regulamento (UE) 2021/241, de 12 de febreiro de 2021, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Goberno de España, aprobouse o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) do Goberno de España para darlles resposta ás urxencias económica e sanitaria xeradas pola pandemia a través dunha serie exhaustiva de reformas e investimentos.

Contornas saudables. 

A Deputación de Pontevedra, para a realización de varias actuacións, acolleuse ás convocatorias dunha liña de axudas dirixidas ás entidades locais da Rede Española de Cidades Saudables (RECS), que realiza a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) en base aos convenios-programa entre esta e o Ministerio de Sanidade, para a realización de accións destinadas á promoción de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables, que se formalizan no marco doReal decreto 1070/2021, de 4 de decembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á FEMP para reforzar a promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

As axudas están destinadas a proxectos que executen as entidades locais para a creación ou rehabilitación de espazos saudables, de forma que se contribúa a alcanzar os obxectivos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, panca VI, compoñente 18, investimento 2 (C18.I2), ademais de lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) números 11.6, 11.7, 3.4 e 3.9 recollidos na Axenda 2030.

EP-2502 Tui Cartel de obra EP-2502 Tui

MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-2502 CERQUIDO-RIBADELOURO DESDE O P. Q. 1+950 ATA O P. Q. 2+150 (TUI)

Por resolución definitiva do secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), pola que se resolve a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar accións destinadas a promover estilos de vida saudables a través da creación ou da rehabilitación de contornas saudables, convocadas pola FEMP no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C18.I1), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “Mellora da seguridade viaria na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro desde o p. q. 1+950 ata o p. q. 2+150”.

Descrición da actuación:
No proxecto contémplanse as actuacións necesarias para fomentar un cambio modal cara a formas de transporte máis sostibles (a pé ou en bicicleta) en detrimento do vehículo privado. As actuacións propostas teñen como finalidade darlles valor ás e aos viandantes. Trátase de potenciar e dinamizar unha zona que actualmente presenta unha serie de carencias e inconvenientes que padecen as persoas usuarias, xa que non cumpre coas funcións básicas necesarias para que as e os peóns circulen con total seguridade.

Coa execución deste proxecto preténdese reducir o consumo enerxético derivado do tránsito de vehículos a motor. De acordo co estudo enerxético encargado para a súa avaliación, conclúese que a actuación podería supor un aforro enerxético de 12.081 kWh/ano (7,5 % de aforro respecto da situación de partida) e unha redución de emisións de 3,6 toneladas de CO2 equivalentes, como consecuencia do novo perfil de mobilidade no curto-medio prazo. Ademais, melloraría a seguridade de peoas, peóns e vehículos e a calidade do aire, e reduciríanse os niveis de ruído na contorna.

Tras a actuación, as superficies dispoñibles para as e os peóns alcanzarán os 3.370 m2 aproximadamente, o que inclúe o acondicionamento de 200 m2 de zonas verdes na contorna, en comparación cos 288 m2 dispoñibles na actualidade.

A actuación en ambas as vías dálles continuidade ás sendas peonís existentes no tramo da EP-2502 inmediatamente anterior, que conectan este ámbito co núcleo de Ribadelouro.

Investimento total: 468.243,90 €;
Subvención concedida: 120.000,00 €

EP-2502 Tui

Obxectivo:

  • Crear ou rehabilitar espazos saudables que contribúan a alcanzar os obxectivos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
Antes
Despois
Antes
Despois
Antes
Despois

EP-9101 O Grove

Cartel de  obraMELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-9101 O GROVE-IGREXA DE SAN VICENTE, DESDE O P. Q. 1+000 AO P. Q. 2+550 (MUNICIPIO DO GROVE)

Por resolución definitiva do secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), pola que se resolve a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar accións destinadas a promover estilos de vida saudables a través da creación ou da rehabilitación de contornas saudables, convocadas pola FEMP no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C18.I2), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “Mellora da seguridade viaria na EP-9101 O Grove-igrexa de San Vicente, desde o p. q. 1+000 ata o p. q. 2+550 (municipio do Grove)”.

Descrición da actuación:

As actuacións obxecto de financiamento están encamiñadas ao acondicionamento da EP-9101, máis concretamente, entre o p. q. 1+000 e o p. q. 2+550, o que supón un tramo duns 1.550 metros de lonxitude. Mellórase a seguridade viaria e proporciónase un itinerario seguro e atractivo para as persoas ao garantir a accesibilidade nun tramo que non contaba con beirarrúas, entre os núcleos de Campos e A Gandariña.

Este novo itinerario consiste nunha senda de formigón coloreado, cun mínimo de 2,50 metros de ancho, que se executa na marxe esquerda desta estrada provincial, en toda a lonxitude de actuación, separada da calzada mediante unha canle de derivación. No tramo final da actuación, ademais da senda pola marxe esquerda, execútase un paso peonil sobreelevado e acondiciónase a superficie da marxe dereita cunha capa de slurry sintético coloreado, a fin de poder diferenciar correctamente as zonas da plataforma reservadas ao uso exclusivo por mobilidades activas.

A senda estará dotada da iluminación adecuada para mellorar a seguridade viaria, especialmente a peonil.

A actuación implica unha replanificación profunda e conceptual da estrada que ten por obxecto inverter a pirámide da mobilidade ao darlle a máxima importancia aos desprazamentos a pé; é dicir, situando na cúspide aos colectivos máis vulnerables.

Investimento total: 551.783,74 €

Subvención concedida: 551.783,74 €

EP-9101 O GROVE

Obxectivo:

  • Crear ou rehabilitar espazos saudables que contribúan a alcanzar os obxectivos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11.6, 11.7, 3.4 e 3.9.

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil e ciclable
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 6,5 %
Antes
Despois
Antes
Despois
Antes
Despois
Antes
Despois

 

Programa DUS 5000

A Deputación de Pontevedra, dentro das súas actuacións nas estradas provinciais, participou na concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Real decreto 692/2021), concretamente acolléndose á Medida 5: Mobilidade sustentable.

As axudas do PROGRAMA DUS 5000 forman parte do investimento C2.I4 (Programa de rexeneración e reto demográfico) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dentro da Compoñente 2, «Implementación da Axenda Urbana española: Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana», contribuíndo con iso á descarbonización mediante o fomento dos investimentos en infraestruturas verdes, de maneira que se transite desde as enerxías fósiles ata un sistema enerxético limpo.

EP-9212 Sanxenxo EP-9212

MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E SENDA PEONIL NA EP-9212 ENTRE NOALLA E A PRAIA DA LANZADA, DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 1+224 (CONCELLO DE SANXENXO).

Por resolución definitiva do director xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E SENDA PEONIL NA EP-9212 ENTRE NOALLA E PRAIA DA LANZADA, DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 1+224”.  No contexto do Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa, para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C2.I4)

Descrición da actuación:

A actuación consistiu na mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria na estrada de titularidade provincial EP-9212 entre Noalla e a praia da Lanzada, no municipio de Sanxenxo. A intervención abarca a zona situada entre a igrexa de santo Estevo e o acceso ao areal, comprendendo unha lonxitude total de 1.224 metros.

Concretamente, as actuacións consistiron na execución dunha nova senda peonil na marxe dereita da EP-9212, paralela á plataforma existente e cun ancho de 3 metros.

Executáronse, doutra banda, tres zonas de convivencia con prioridade peonil nos puntos do trazado onde o grao de consolidación da edificación non deixaba un espazo suficiente para poder segregar os diferentes modos de desprazamento. Estas zonas de convivencia suman en total uns 190 metros.
Ademais, executáronse catro pasos de peóns sobreelevados que garanten a permeabilidade entre ambas as dúas marxes da vía.
Púxose en valor a contorna do pazo de Quintáns grazas á restauración do lousado orixinal e a unha correcta resolución do encontro entre os pavimentos existentes na zona.

Reduciuse a velocidade máxima de circulación para asegurar a seguridade das e dos peóns e procedeuse á renovación da sinalización horizontal e vertical.

A actuación supuxo un cambio na concepción da mobilidade no acceso desde o núcleo de Noalla á praia da Lanzada, de notable repercusión ao tratarse dunhas praias importante dun dos municipios máis turísticos de Galicia. O número de peóns que usa a vía para os seus desprazamentos, ben sexan necesarios ou de lecer, incrementouse, posto que se partía dunha vía que non tiña un espazo adecuado para o tráfico peonil. Coa transformación da estrada devolvéndolle ao peón un espazo público que o coche lle arrebatou, conséguese un itinerario continuo que axuda ao fomento das mobilidades activas e a interacción social.

Investimento total: 910.606,14 €

Subvención concedida: 774.015,19 €

EP-9212

Obxectivo:

  • Reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono actuando sobre a mobilidade para conseguir cambios importantes na repartición modal, cunha maior participación dos modos máis eficientes, en detrimento da utilización do vehículo privado con baixa ocupación.

Resultados:

  • Creación dun itinerario ciclable e peonil
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 12 %
Antes
Despois
Antes
Despois
Antes
Despois
EP-9803 A Illa de Arousa EP-9803 A Illa de Arousa

URBANIZACIÓN, RECUPERACIÓN DE ESPAZOS E MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA AVENIDA CASTELAO, EP-9803 (CONCELLO DA ILLA DE AROUSA)

Por resolución definitiva do director xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “URBANIZACIÓN, RECUPERACIÓN DE ESPAZOS E MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA AVENIDA CASTELAO, EP-9803 (MUNICIPIO DA ILLA DE AROUSA)”. No contexto do Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C2.I4)

Descrición da actuación:

O obxecto da actuación foi a recuperación de espazos para a estancia e a mobilidade peonil na avenida Castelao. O ámbito da actuación correspóndese co tramo da EP-9803 entre o embarcadoiro e o centro, que comunica a avenida da Ponte coa rúa O Calexón.
A obra supuxo unha reestruturación dos espazos para recuperar zonas de uso peonil. Executouse unha plataforma única ao mesmo nivel con preferencia peonil no tramo situado entre as interseccións coa rúa Corredoira do Rico e a rúa Ramón Cabanillas, dunha lonxitude de 70 metros. O resto da actuación (410 metros) consistiu na execución dun carril central para tráfico rodado dotado de sistemas de calmado de tráfico e beirarrúas a ambos os dous lados.

Adicionalmente, adecuáronse as instalacións de drenaxe, saneamento, abastecemento, iluminación e telefonía, e colocáronse elementos de xardinería e mobiliario urbano.

Esta céntrica avenida converteuse nun espazo público con prioridade peonil, que garante a accesibilidade universal coas maiores garantías de seguridade viaria, no marco dun modelo transformador que ten en conta a protección dos colectivos máis vulnerables: viandantes, ciclistas e persoas con mobilidade reducida. Grazas a esta actuación conformouse unha contorna segura e tranquila que fomenta a convivencia de todos os sistemas de desprazamento e reparte de maneira equilibrada o espazo público. A avenida de Castelao pasou de incumprir a normativa de accesibilidade ao ter beirarrúas estreitas e de estar dedicada na súa maioría ao vehículo motorizado, a ser un espazo público de calidade que cambia a prioridade ao tráfico peonil e garante a accesibilidade universal.

A actuación permitiría un aforro do consumo anual de enerxía primaria de 220,28 MWh ao ano.

Investimento total: 1.160.220,16 €

Subvención concedida: 814.160,96 €

EP-9803

Obxectivo:

  • Reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono ao actuar sobre a mobilidade para conseguir cambios importantes na repartición modal, cunha maior participación dos modos máis eficientes, en detrimento da utilización do vehículo privado con baixa ocupación.

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 30,7 %
Antes
Despois
Antes
Despois
Antes
Despois
EP-3102 Tomiño EP-3102 Tomiño

MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO CAMIÑO ESCOLAR NA EP-3102 AO CEP PEDRO CASELLES DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 0+400 (MUNICIPIO DE TOMIÑO)

Por resolución definitiva do director xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO CAMIÑO ESCOLAR NA EP-3102 AO CEP PEDRO CASELLES DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 0+400 (MUNICIPIO DE TOMIÑO)”, no contexto do Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C2.I4)

Descrición da actuación:

A actuación abarca un tramo de 400 metros da EP-3102 comprendido entre o CEP Pedro Caselles e a intersección coa avenida Baixo Miño. Constitúe un traxecto que dá acceso a varios equipamentos de Tomiño, como é o centro escolar, a igrexa e o cemiterio, polo que se trata dunha zona moi concorrida, na que a maioría dos traxectos se realizan camiñando.

Executouse un itinerario peonil na marxe dereita de preto de 3,80 metros de ancho. Doutra banda, mellorouse a calzada para incrementar a seguridade viaria e reordenáronse os espazos.

A actuación complétase coa plantación de arboredo, a instalación de mobiliario urbano, a execución dunha rede de drenaxe adecuada, así como coa adecuación dos servizos necesarios e a sinalización, sempre baixo as premisas de buscar un deseño que sexa comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade.

Pretendeuse realizar unha replanificación profunda e conceptual das actuacións en materia de mobilidade, con especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables: viandantes, ciclistas e persoas con mobilidade reducida.

As actuacións realizadas pretenden darlles valor ás e aos transeúntes, ao potenciar e dinamizar unha zona que presenta carencias e inconvenientes que sofren as súas usuarias e usuarios. Trátase de cumprir as funcións básicas necesarias para que as e os peóns circulen con total seguridade.

Investimento total: 286.235,06 €

Subvención concedida: 239.444,46 €

EP-3102 Tomiño

Obxectivo:

  • Reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono ao actuar sobre a mobilidade para conseguir cambios importantes na repartición modal, cunha maior participación dos modos máis eficientes, en detrimento da utilización do vehículo privado con baixa ocupación.

Resultados:

  • Creación dun itinerario peonil
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 5,9 %
EP-0405 Cerdedo-Cotobade

ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-0405 ENTRE A XESTEIRA E ALMOFREI DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 1+530 (MUNICIPIO DE CERDEDO-COTOBADE)

Por resolución definitiva do director xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-0405 ENTRE A XESTEIRA E ALMOFREI DESDE O P. Q. 0+000 ATA O P. Q. 1+530 (MUNICIPIO DE CERDEDO-COTOBADE)”, no contexto do Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa, para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C2.I4)

Descrición da actuación:

A EP-0405 é unha estrada de dobre sentido de circulación con dous carrís de anchura variable e sen beirarrúas. Cunha lonxitude de quilómetro e medio, no p. q. 0+000, esta vía conecta coa estrada autonómica PO-233 e finaliza xunto á igrexa de San Lourenzo de Almofrei no p. q. 1+500.
A actuación contempla a mellora da seguridade viaria do tráfico rodado e de viandantes. Concretamente, execútase unha senda peonil de formigón, dun ancho de 2,5 metros, ao longo do tramo máis urbano da EP-0405, no lugar de Almofrei. Ademais, créanse dúas zonas de convivencia nos tramos nos que non é viable a segregación de usos, coa finalidade de alcanzar as condicións de seguridade necesarias. Dótase a zona con elementos de calmado de tráfico adecuados.

Doutra banda, fóra do núcleo, mellórase o trazado da estrada ao ampliar os radios de xiro para o tráfico rodado e constrúese unha cuneta de seguridade que, xunto co calmado do tráfico, fai que esta infraestrutura tamén poida ser utilizada polas e polos usuarios máis vulnerables.
Por último, adecúase a rede de drenaxe, execútanse muros onde é necesario evitar grandes noiros, protéxense os muros de gran altura, sotérrase a rede de iluminación e repaviméntase a calzada.

Ao transformar a estrada devólveselles ás e aos viandantes un espazo público que o coche lles arrebatou e conséguese un itinerario continuo, atractivo e seguro.

Investimento total: 824.759,32 €

Subvención concedida: 693.875,00 €

EP-0405

Obxectivo:

  • Reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono ao actuar sobre a mobilidade para conseguir cambios importantes na repartición modal, cunha maior participación dos modos máis eficientes, en detrimento da utilización do vehículo privado con baixa ocupación.

Resultados:

  • Creación dun itinerario ciclable e peonil
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 8,8 %
EP-3303 O Rosal EP-3303

MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP-3303 ENTRE TABAGÓN E GOIÁN, DESDE O P. Q. 1+795 ATA O P. Q. 3+600. TRAMO II (MUNICIPIOS DO ROSAL E TOMIÑO)

Por resolución definitiva do director xeral do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), concedéuselle á Deputación de Pontevedra unha axuda para realizar a obra “MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP-3303 ENTRE TABAGÓN E GOIÁN, DESDE O P. Q. 1+795 ATA O P. Q. 3+600. TRAMO II”, no contexto do Real decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa, para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (C2.I4)

Descrición da actuación:

A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria no tramo de estrada provincial EP-3303 entre Tabagón e Goián, desde o p. q. 1+795 ata o p. q. 3+600.

Esta actuación constitúe o segundo tramo dunha senda que se executará en tres fases e que permitirá conectar os núcleos de Tabagón (no municipio do Rosal) e Goián (no municipio de Tomiño) mediante un itinerario peonil seguro, accesible e atractivo.

A situación xeográfica e a súa vinculación directa cun espazo natural e paisaxístico privilexiado supuxeron nesta contorna un aumento das actividades relacionadas co turismo de natureza, turismo cultural, sendeirismo etc., polo que cómpre dispor dunha infraestrutura adecuada para o desprazamento activo.

En concreto, execútase unha senda peonil de 2,50 metros de ancho na marxe dereita da vía e acondiciónase a marxe esquerda coa execución de cunetas remontables de seguridade. Ademais, limítase o ancho de carril para favorecer a circulación a velocidades adecuadas e renóvase a sinalización horizontal e vertical.

Nun tramo na contorna da igrexa de San Bartolomeu de Eiras, ante a falta de espazo para poder segregar os usos peonís e de tráfico motorizado, execútase unha zona de convivencia mediante unha plataforma única de formigón con bandas de pedra.

Renóvase a capa de rodaxe en todo o traxecto, execútanse elementos físicos de calmado de tráfico, adecúase a rede de saneamento das augas pluviais e establécese a rede subterránea de iluminación.

A actuación dota a zona dun itinerario peonil seguro, accesible e inclusivo, que incrementa o número de usuarias e usuarios que empregan a vía para moverse de forma sostible, ao pasar dunha infraestrutura concibida case en exclusiva para os vehículos motorizados a outra que pon na cúspide da pirámide de mobilidade os colectivos máis vulnerables e garante que todas as persoas poidan desprazarse de forma activa e segura.

A posibilidade de comunicación que ofrece esta infraestrutura contribuirá a fomentar a vida rural ao mellorar as súas posibilidades de comunicación dunha maneira sostible e potenciar unha alternativa ao vehículo privado.

Investimento total: 637.538,48 €

Subvención concedida: 541.907,75 €

 EP-3303

Obxectivo:

  • Reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono ao actuar sobre a mobilidade para conseguir cambios importantes na repartición modal, cunha maior participación dos modos máis eficientes, en detrimento de a utilización do vehículo privado con baixa ocupación.

Resultados:

  • Creación dun itinerario ciclable e peonil
  • Recuperación do espazo para as persoas
  • Mellora da seguridade viaria
  • Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Aforro enerxético do 9 %

Logos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 15 resultados.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO