#AXENDA2030

Obxectivo 10

Redución das desigualdades

Unha sociedade xusta e igualitaria é unha sociedade mellor. A Axenda 2030 propón como un dos seus grandes obxectivos actuar contra a desigualdade, que se manifesta en numerosas vertentes, desde a educación á atención sanitaria, e que está asociada en gran medida ás dificultades económicas que atravesa parte da poboación.


A discriminación por sexo, raza, idade, discapacidade ou crenzas relixiosas é unha lacra que hai que combater con firmeza desde as políticas públicas. É necesario profundar na protección social e no apoio aos colectivos máis desfavorecidos e defender un crecemento económico inclusivo no que estean presentes as tres dimensións do desenvolvemento sostible: económica, social e ambiental.

As administracións deben prestarlles apoio ás persoas máis vulnerables e facilitarlles o acceso ao mercado laboral, ademais de protexer especialmente as persoas con discapacidade. As políticas públicas deben facer fincapé en reducir a desigualdade de ingresos . As innovacións tecnolóxicas poden supoñer un acicate para lograr unha sociedade con máis oportunidades.

A Deputación combate tamén a desigualdade territorial, neste caso a través do Plan de reequilibrio, que inviste en novos equipamentos e dotacións singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes co obxectivo de lograr equilibrio territorial. 

Ligazóns de interese