#MedioNatural

Programa “+Bosques”

Os baños de bosque, ou shinrin-yoku (técnica que xurdiu no Xapón nos anos oitenta), baséanse en diferentes programas de investigación de ámbito mundial cuxos resultados amosan efectos fisiolóxicos que favorecen a relaxación mental e física; son prácticas nas cales se estimulan os sentidos ao estar en contacto coa natureza, o que permite mellorar a saúde e aumentar a sensación de felicidade e calma. Non se trata de rutas ao uso, senón que se pretende conectar coa natureza a través dos cinco sentidos desde un punto de vista terapéutico, sen deixar de lado o labor fundamental de protección dos bosques.


A través do programa “+Bosques” da Deputación de Pontevedra ofrécense visitas guiadas a enclaves singulares da provincia de Pontevedra, adaptadas ao patrimonio natural e cultural de cada contorna e como experiencias terapéuticas e enriquecedoras.  

Son actividades moi completas, nas que converxen a educación ambiental como camiño para fomentar a conciencia relativa aos problemas ambientais e a promoción, conservación e protección do patrimonio natural e cultural, xunto coa promoción da saúde, a través das cales as persoas desconectan da rutina e se familiarizan con hábitos saudables que desencadean unha serie de beneficios para o organismo.

Tendo en conta o anterior, o programa “+Bosques” inclúe sete percorridos polos seguintes espazos naturais: Barosa (Barro), Carboeiro (Silleda), illa de Tambo (Poio), pazo de Lourizán (Pontevedra), río Maneses (O Campo Lameiro), río Lérez (Pontevedra) e fervenzas de Parafita e Raxoi (Valga). En todos os casos procurouse que fosen accesibles, segundo as particularidades de cada zona.

Inscrición nas visitas

Todos os períodos de inscrición comezarán ás 9 horas dos días sinalados en cada mes, momento no que se habilitará un formulario a través do cal se poderán anotar a persoa solicitante e tres (3) acompañantes, é dicir, un máximo de catro (4) persoas por inscrición.

Este formulario pecharase no momento no que se reciban suficientes inscricións tanto para completar as prazas dispoñibles (15 primeiras persoas) coma para a lista de agarda (quen non estea entre as 15 primeiras, pasará a formar parte da lista de agarda), sen que haxa posibilidade de realizar novas inscricións. Ademais, non se aceptarán inscricións por outras vías (correo electrónico ou teléfono).

Non se permiten cambios nin correccións nas solicitudes; é dicir, as persoas que figuran na solicitude son as únicas que están inscritas no programa e as que poderán participar neste, de ser o caso.

Apertura do prazo de inscrición:

  • Actividades do mes de xuño: inscrición a partir das 9 h do 27 de maio.
  • Actividades do mes de xullo: inscrición a partir das 9 h do 23 de xuño.
  • Actividades do mes de agosto: inscrición a partir das 9 h do 20 de xullo.
  • Actividades do mes de setembro: inscrición a partir das 9 h do 24 de agosto.
Confirmación das visitas

A lista conformarase por rigorosa orde de chegada das inscricións. A semana anterior á realización da ruta, as 15 primeiras persoas recibirán un correo para que confirmen a súa asistencia ou rexeiten a praza coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 12 horas do luns anterior á realización da ruta. De existir renuncias, enviaráselles o correo de confirmación ás seguintes persoas da lista de agarda, que deberán respectar o mesmo prazo ou, se se envía pasado este, contestar o máis axiña posible e, en todo caso, antes das 12 horas do xoves anterior á realización da ruta.

É obrigatorio contestar aos correos de confirmación de praza, polo que as persoas que non respondan ou non o fagan nos prazos establecidos quedarán automaticamente excluídas da lista e non poderán participar na ruta para a que se lles confirmou a praza nin en ningunha das outras incluídas no programa “+Bosques” durante todo o ano.

Así mesmo, esta mesma penalización aplicaráselles a aquelas persoas que, tras confirmar a asistencia, non se presenten á actividade.

As persoas penalizadas que formen parte dunha nova inscrición, ben como solicitantes ou ben como acompañantes, non se terán en conta á hora de realizar as confirmacións de praza.

Condicións do programa
  • Todas as actividades contempladas no programa “+Bosques” son gratuítas.
  • As prazas son nominais, polo que é requisito imprescindible presentar o documento nacional de identidade (DNI) ao comezo de cada actividade.
  • As e os titores legais das e dos menores de idade que non dispoñan do DNI deberán presentar un documento acreditativo de pertenza á unidade familiar.
  • Se non se presenta o documento de identidade correspondente, non se poderá participar nesa actividade.
  • Cada visita terá unha duración aproximada de dúas horas.
  • Ofertaranse 15 prazas por visita, xa que os grupos non deben ser moi numerosos, dada a natureza deste tipo de actividades.
  • Para cada actividade indicarase un punto de encontro, que só se lles facilitará por correo electrónico ás persoas que finalmente participen na actividade unha vez que estas confirmen a súa asistencia, como moi tarde, o venres anterior á realización da ruta.
  • As persoas que xa participaron nunha ruta determinada no 2025 non poderán repetir a mesma no ano 2026.
  • Cada persoa só poderá realizar a mesma visita guiada unha vez.
  • Non está permitida a participación de persoas que non estean debidamente inscritas e confirmadas no programa “+Bosques”.

 

Visitas e datas

Barosa

Barosa (Barro)

Illa de Tambo

Illa de Tambo (Poio)

Río Lérez

Río Lérez

fervenzas de Parafita e Raxoi (Valga)

Fervenzas de Parafita e Raxoi (Valga)

Carboeiro (Silleda)

Carboeiro (Silleda)

Río Maneses (O Campo Lameiro)

Río Maneses (O Campo Lameiro)

Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Calendario

Mes Día Hora
10:00 h 10:30 h
Xuño 6 Barosa Barosa
7 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
13 Río Lérez Río Lérez
14 Valga Valga
20 Carboeiro Carboeiro
21 Río Maneses Río Maneses
27 Valga Valga
28 Illa de Tambo Illa de Tambo
Xullo 4 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
5 Río Lérez Río Lérez
11 Barosa Barosa
12 Illa de Tambo Illa de Tambo
18 Río Maneses Río Maneses
19 Valga Valga
25 Carboeiro Carboeiro
26 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
Agosto 1 Río Lérez Río Lérez
2 Barosa Barosa
8 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
9 Illa de Tambo Illa de Tambo
15 Valga Valga
16 Carboeiro Carboeiro
22 Río Maneses Río Maneses
23 Río Lérez Río Lérez
29 Barosa Barosa
30 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
Setembro 5 Río Lérez Río Lérez
6 Carboeiro Carboeiro
12 Pazo de Lourizán Pazo de Lourizán
13 Valga Valga
19 Barosa Barosa
20 Río Maneses Río Maneses
26 Río Lérez Río Lérez
27 Carboeiro Carboeiro

 

 

Ligazóns de interese

Novas relacionadas

{"classPK":15916390,"groupId":"37861","name":"rs28570_20250804_maisbosques_rutapedraauga_01.jpg","alt":"A Deputación continúa esta fin de semana en Pontevedra e Valga os percorridos do programa provincial +Bosques","title":"rs28570_20250804_maisbosques_rutapedraauga_01.jpg","type":"document","uuid":"b68fbf5a-72d8-ec80-8ce7-abd17638315e","fileEntryId":"15916390","resourcePrimKey":"15987993"}

A Deputación continúa esta fin de semana en Pontevedra e Valga os percorridos do programa provincial +Bosques

  09/06/2026

{"classPK":15916390,"groupId":"37861","name":"rs28570_20250804_maisbosques_rutapedraauga_01.jpg","alt":"A Deputación inicia esta fin de semana en Pontevedra e Barro os percorridos da nova edición do programa provincial +Bosques","title":"rs28570_20250804_maisbosques_rutapedraauga_01.jpg","type":"document","uuid":"b68fbf5a-72d8-ec80-8ce7-abd17638315e","fileEntryId":"15916390","resourcePrimKey":"15916412"}

A Deputación inicia esta fin de semana en Pontevedra e Barro os percorridos da nova edición do programa provincial +Bosques

  03/06/2026

{"classPK":15834790,"groupId":"37861","name":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López","title":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"08e14fd3-e36e-97c6-414d-c9ec717fbfb8","fileEntryId":"15834790","resourcePrimKey":"15852446"}

Luis López anuncia a apertura do prazo para inscribirse nos primeiros percorridos dunha nova edición do programa provincial “+Bosques”, que terán lugar no mes de xuño

  22/05/2026