Loito oficial na Deputación de Pontevedra polo asasinato machista de Oia

As bandeiras do Pazo Provincial, o Edificio Administrativo e a Sede da Deputación en Vigo locen a media hasta durante tres días

05/06/2023

LOITO OFICIAL ASASINATO MACHISTA OIA

A Deputación de Pontevedra súmase ao loito oficial polo asasinato machista de esta fin de semana de Ana Vanessa, de 44 anos a mans da súa ex parella, ás portas do cámping no que traballaba no municipio de Oia.

Desde este luns e durante tres días, as bandeiras dos tres edificios da institución, o Pazo Provincial, o Edificio Administrativo en Pontevedra e a Sede de Vigo na rúa Chao, locen a media hasta en sinal de dó por este novo asasinato machista, o segundo que se rexistra na comunidade galega neste ano despois do que lle custou a vida a Beatriz Lijó no mes de febreiro en Baiona.

A presidenta en funcións da Deputación, Carmela Silva, condenou este novo crime, co que se elevan a 21 as mulleres vítimas mortais da violencia de xénero en España no que vai de ano 2023 e a 1.025 desde que se iniciaron os rexistros no 2003.