SmartPeme arranca a semana con cinco novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación imparte formacións sobre ciberseguridade, CRM, Trello, reservas en Excel ou Blockchain

09/01/2023

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novos obradoiros impartidos de xeito mixto, online e presencial, enmarcados na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas de ciberseguridade, CRM como forma de conquistar aos clientes, mellora da produtividade con Trello, como traballar as reservas dun aloxamento en Excel ou que é Blockchain.

Este luns 9 de xaneiro o experto en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, foi o encargado de impartir o curso “Ciberseguridade, Ramsomware e suplantación de identidade”. O obxectivo desta formación é dar a coñecer o Ramsomware, en que consiste e como afecta. A suplantación de identidade é un ciberataque que está crecendo en popularidade e que adopta múltiples formas adaptándose as circunstancias de cada territorio.

O martes 10 impartirase unha nova acción, “CRM como aliado para conquistar ao cliente” na que se amosará como implementar o concepto de CRM (Costumer Relationship Management) na nosa filosofía de traballo de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias, será quen conduza a formación.

Será o mércores 11 cando haberá dous obradoiros. Na quenda da mañá, Fatima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, conducirá o curso “Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións l”. No curso ensinarán as técnicas de produtividade e como xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas. Na da tarde, ás 17.30h e de xeito presencial no Concello de Moaña, terá lugar a instrución do obradoiro “Como traballar a base de clientes e reservas do teu aloxamento con Excel” no que se aprenderá a exportar e recompilar todos os datos dos clientes nun Excel e logo poder traballar sobre datos para realizar campañas e ofertas con éxito. Ás persoas interesadas en asistir deberán levar o seu computador persoal para traballar sobre os datos do seu aloxamento.

Por último, o xoves 12 pola mañá, impartirase o taller “Blockchain, que é e para que serve”. Será o primeiro dunha serie de catro obradoiros sobre temas de máxima actualidade, nel verase en que consiste a tecnoloxía Blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. Este curso tamén será impartido polo experto Manuel Freire.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.