Exposición "A gaita na música tradicional galega"
A mostra repasa a historia da gaita desde a súa aparición nun formato rudimentario na antiga Mesopotamia no 2.000 a. C. –onde xa se rexistra a idea de unir unha bolsa ou fol a un tubo sonoro–, ata a actualidade e facendo paradas en fitos e cuestións particulares como a figura do gaiteiro anónimo, o concurso de Ponteareas, a historia da Asociación de Gaiteiros Galegos, ou o único museo dedicado exclusivamente á gaita de fol como é a Casa da Gaita de Viascón en Cotobade.
Está comisariada por Xaime Estévez Vila, Carlos Collazo de la Fuente e Ana Costas Carbajal, conta coa participación da Asociación de Gaiteiros Galegos, do obradoiro Gil de gaita tradicional, Pablo Carpintero, e inclúe numerosas fontes bibliográficas, deseños e fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra.
- Apertura: martes 3 de decembro, ás 12 h
- Horario de visita: de luns a venres, de 17 a 19 h
- Para outros horarios, consultar no Concello (986 636 161) ou na casa da cultura
(986 536 925) - Cartel (pdf)
Copyright © 2019. Deputación de Pontevedra. Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade | Protección de datos | Política de cookies | Contacto | Alto contraste
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES P3600000H +34 986 804 100 DIR3 LA0006111