Exposición "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917"
Na exposición "Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals, 1910-1917" abórdanse de maneira monográfica os anos nos que Vinyals, o seu segundo marido, Enrique Lluria, e as súas fillas e fillos habitaron o castelo.
A exposición, composta por obxectos que nunca se lle mostraron ao público, está dividida en catro ámbitos: vida cultural, vida familiar, o sanatorio Lluria e as circunstancias da perda do castelo. Ademais, conta con paneis explicativos para situar as persoas visitantes no contexto da época que se pretende ilustrar, un período no que pasaron polo recinto personalidades políticas, intelectuais e científicas da historia do século XX.
- Horario: de martes a viernes, de 10 a 19 h; sábados, domingos e festivos, de 10 a 18 h
- Máis información en castelodesoutomaior.com
Copyright © 2019. Deputación de Pontevedra. Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade | Protección de datos | Política de cookies | Contacto | Alto contraste
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES P3600000H +34 986 804 100 DIR3 LA0006111