Agenda de actividades provinciales

EXPRESIOMIXTA

Desde 12/01/2022 ata 27/02/2022
Sede da Deputación de Pontevedra. Vigo
EXPRESIOMIXTA

Pintar é crear: dar cor, decorar e transitar unha busca do equilibrio na miña paleta de cores. É tamén loitar por conseguir un espazo máis harmonioso e rachar coas desigualdades. Como artista gústame representar a muller, pero sempre lonxe dos estereotipos aos que nos ten acostumados a historia da arte, onde se representaba idealizándoa, obxectualizándoa, enxalzando o seu físico e relegándoa a roles particulares secundarios. Eu quero reflectila tal e como a vexo: forte, poderosa, intelixente, resolutiva e igual de capaz, nin menos nin máis, que ningún home. Inspírome na muller galega, esa muller do mar e do campo que sacou adiante a familia sen ver recoñecido o seu labor profesional e o seu papel esencial na unidade familiar. Con esta exposición quero reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e involucrarme, un pouco máis, na loita que tamén os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar a sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos. Agradézolle, así, á Deputación de Pontevedra, a través do meu traballo artístico, a posibilidade de encher esta sala de cor, nun canto á xustiza e á igualdade de oportunidades. Raúl Velloso

Información