Nadal en Galego. O Apalpador e A Apalpadora

Nadal en galego
Desde 20 Dec 2019 ata 31 Dec 2019
. Pontevedra provincia

Do 20 ao 31 de decembro ao igual que en anos anteriores O Apalpador, a súa filla, A Apalpadora, míticas figuras do Nadal galego, baixan das montañas para visitar as nenas e os nenos acompañadas dun acordeonista, dun guitarrista e dun burro fariñeiro para comprobar se todas e todos se portaron ben e comen o suficiente para afrontar o inverno.

Esta visita inclúe, ademais, un percorrido pola tradición propia e pequenos fragmentos lúdicos para concienciar sobre o coidado do medio e a alimentación saudable.

Información