Axenda de actividades provinciais

Ciclo Mestre Mateo. Proxección de “Código emperador”

2023-06-08 20:30:00.0
Salón de actos do centro cultural, A Guarda
Película Código Emperador

O Centro Cultural da Guarda acolle este xoves 8 de xuño a primeira das proxeccións cinematográficas da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O thriller foi finalista aos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe, dirección, dirección de produción, mellor interpretación masculina protagonista e de reparto, maquillaxe e perruquería, montaxe, música orixinal e mellor son.

Información