Axenda de actividades provinciais

“Cómicas, habelas hainas!”

2023-04-15 19:00:00.0
Auditorio de Soutelo de Montes
“Cómicas, habelas hainas!”

Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia.

“Cómicas, habelas hainas!” é un proxecto que levará a comedia feita e protagonizada por mulleres por todas as comarcas da provincia de Pontevedra, cun espectáculo de comedia en vivo de pouco máis dunha hora, con diferentes artistas e temáticas, e cun formato áxil e dinámico no que o público terá a oportunidade de ver tres cómicas de recoñecido prestixio, acompañadas dunha presentadora.

Información

  • Sábado 15 de abril 
  • 19.00 h
  •  Auditorio de Soutelo de Montes (calle de A Piscina 20, Soutelo de Montes)
  • Entrada libre ata completar aforo. Público adulto
  • Máis información